1 resultado para Pratica

em Ministerio de Cultura, Spain


Relevância:

10.00% 10.00%

Publicador:

Resumo:

Espoñer todo o fundamental encol da Escola Moderna. Esplica as teínicas Freinet e métodos naturás da Escola Moderna, e analisa dunha mostra de testos libres de nenos galegos. 1) A pedagoxía Freinet é válida como filosofía e teínicas educativas adaptadas ao ciclo de E.X.B. Investigacións i esperencias novas que se vaian facendo tamén en España irán abirndo o campo a outros seitoresda Educación. 2) Praiticando esta pedagoxía e manténdonse en contaito os educadores están posibilitando facer daz escola un verdadeiro lugar de encontro, de crítica, de aprendizaxe e de crecimiento. Terreo propicio pra comunión e comunicación de toda unha comunidade asentada nos valores que se foron decant do na historia do pobo, no senso do traballo e das ideas lugar escollido e privilexiado dos pobos. 3) Tal pedagoxís tamén pode mersecer críticas, máis mentras a obra non esteña rematada, non lle poñades tachas, pois, hai site e traballo pra todos. 1)A praítica das teínicas Freinet pode dar un novo i estenso pulo a escola en Galicia, pois coido que pode acadar hoxe a forza que non lograron ter outras esperencias que teñen tido lugar e intuían algunhas das cousas, apoiadas eiquí en plantexamentos centíficos. 2) O centro de laboura educativa debe ser sempre o neno, que vive nun medio e condicións moi concretas. E dende eiquí é como máis racioalmente se pode levar ao remate un proceso educativo humanizador, socializador e gratificante.